José Rodrigues Vale
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1866 Monção, Portugal |
Morte | 7 de febreiro de 1934 (67 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Pseudónimo literario | João Verde |
José Rodrigues Vale, nado en Monção, Portugal, o 2 de novembro de 1866 e finado o 7 de febreiro de 1934, foi un poeta portugués coñecido pelo pseudónimo de João Verde.
Admirador da obra de Rosalía de Castro e Lamas Carvajal, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Foi autor de varios poemas en galego e portugués. Colaborou na revista Branco e Negro[1] (1896-1898). Tamén colaborou en Vida Gallega e A Terra Minhota. Fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra mostrou as vivencias e o seu amor polas paisaxes miñotas.[2]
En 1936 a Câmara de Monção reproduciu en azulexo un poema seu do libro Ares da Raya, que foi colocado nun miradoiro sobre o río Miño.
Vendo-os assim tão pertinho
A Galiza mais o Minho,
São como dois namorados
Que o rio traz separados
Quasi desde o nascimento.
Deixai-os, pois, namorar,
Já que os pais para casar
Lhes não dão consentimento.João Verde, Ares da Raya.
Obra
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Branco e Negro : semanario illustrado (1896-1898) [copia digital, Hemeroteca Digital]
- ↑ Ledo Cabido, Bieito (Ed.) (2002). Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. ISBN 84-7680-302-8.